Friday 13 de September de 2024

O Concello presenta un recurso contra a pegada sonora para defender aos veciños afectados


O Concello de Oleiros presentou recurso ante a Dirección Xeral de Aviación Civil ante as afeccións que provoca a denominada “pegada sonora” do aeroporto de Alvedro en centos de propiedades de veciños e veciñas do municipio, principalmente da localdiade de Montrove. O Goberno municipal entregou, xunto a esa reclamación, un estudo que analiza o impacto nas propiedade urbanas.

“Se aproban definitivamente a pegada sonora, as persoas propietarias teñen dereito a ser indemnizadas. Estamos á espera de que o Ministerio conteste ao recurso para poder valorar este tema. No noso recurso van recollidas todas as consideracións que temos sobre a pegada sonora” explicou o alcalde, Ángel García Seoane.